A palabra Beta e producción na mesma frase non soen presaxiar nada bo, pero decidin migrar as miñas máquinas Virtuais de Vmware 1.0.X a 2.0 Beta pra solucionar problemas que coa 1.0.X non era capaz de solucionar nas máquinas virtuais e sobre todo pra probar a nova interface así como as melloras sustanciais.

A instalación de vmware 2.0 Beta é similar á versión estable 1.0.X., así que deso non vou falar se non das primeiras conclusións:
- Vmware 2.0 Beta arranca en modo debuger
Esta versión arranca en modo debuger, non é posible cambialo na instalación nin configurando a posteriori. Este modo perxudica notablemente ó rendemento do sistema. Pero hai unha forma de enganar a vmware, e son os seguintes pasos:
Paramos vmware:
/etc/initd.d/vmware stop
Posicionamos na carpeta /lib/bin da instalacion de VMWARE:
cd $VMWARE_HOME/lib/bin
E realizamos os seguintes cambios
mv vmware-vmx-debug vmware-vmx-debug.bkup
ln -s vmware-vmx vmware-vmx-debug
mv vmware-remotemks-debug vmware-remotemks-debug.bkup
ln -s vmware-remotemks vmware-remotemks-debug
Desta maneira enganamos a vmware para que cando colla os excutables de debuger o que faga é coller os executables reais.
Arrancamos vmware:
/etc/init.d/vmware start
e agora xa non temos a vmware funcionando en modo debug, e temos un sistema de virtualización a toda potencia!
Via: realtime-windowserver.com
- Como asociar un dispositivo USB concreto nunha máquina virtual
Non basta con engadir o controlador USB nunha máquina virtual para que esta o detecte, ademáis, como facemos para que unha máquina colla un dispositivo USB e outra non.
A miña solución pasou por seguir unha web que explicaba este procedemento , que consistiu en detectar o id do dispositivo (lsusb) e engadilo como opción na máquina virtual que quero que o detecte o seguinte:
usb.autoConnect.device0 = "0x781:0x7101"
Tras introducir esta opción a máquina detecta de forma correcta o dispositivo USB.
- Unha versión Beta non é pra poñer en producción
Despois de dous días de funcionamento, e traballando coas mesmas máquinas virtuais que coa versión 1.0.X, a pesares de que ía más rapido todo, un fallo no servidor provoucou que todalas máquinas deixaran de funcionar. Tiven que reiniciar unha das máquinas virtuais e todo funcionou.
Os erros que apareceron nos logs foron:
Message from server: The virtual machine is unable to reserve memory. If selecting Retry does not work, try powering off or suspending any other virtual machines before clicking Retry. For more information about this error see our Web site at "http://www.vmware.com/in
Tal como comento, as máquinas virtuais eran as mesmas, e coa mesma carga de traballo.A URL de referencia para máis información non existe. É o que ten usar unha Beta.
Message from server: VMware Server unrecoverable error: (vcpu-1) Failed to lock page for guest RAM! A log file is available in "vmware.log". Please request support and include the contents of the log file. To collect data to submit to VMware support, select Help > About and click "Collect Support Data". You can also run the "vm-support" script in the Workstation folder directly. We will respond on the basis of your support entitlement.
Igual que antes, a forma de recolectar datos pra soporte tampouco fun quen de usala.
- Vantaxes da 2.0
Na paxina de vmware explica as versións que hai, pero pra min as máis importantes son:
- Soporte de paravirtualización
- Podo instalar máquinas virtuais de 64 bits sobre un vmware de 32 bits
- Máis capacidade de memoria soportada
O do soporte de USB 2.0 a verdade é que pra modo servidor e os casos que realizo, pouco me aportan.

