Distribucions: ¿como elexir?

Entre tanta distribución de Linux que hai, é como cando un vai ó mercado e non sabe decidirse sobre qué levarse á súa casa.

 tux

Ó final, a decisión basease nunha serie de preferencias persoais de cada un, non sempre de todo obxectivas.

 

- Comodidade no uso diario.

- Coñecemento da distribución.

- Soporte ofrecido

- Coste

- Robusted

- Seguridade, etc.

 

Nun dos puntos nos que marco antes, a seguridade, Distrowatch sacou unha comparativa do tempo de resposta de cada distribución unha vez detectada unha vulnerabilidade.

 

 

 

A modo resumo, os tempos de resposta foron.

 

 

Distribución Tempo resposta
Debian 0 horas
Fedora 8 horas
Slakware 12 horas
Mandriva 19 horas
Frugalware 21 horas
openSuse 23 horas
rPath 26 horas
Red Hat Enterprise 27 horas
Ubuntu 27 horas
centos 37 horas

 

Sorprende ver como Red Hat tarda mais en resolvelo que a súa versión da comunidade.

Tamén sorprende moito que Ubuntu tarde tanto en dar a resposta, sobre todo cando se basa en Debian, a cal foi a number One.

 

O tempo de resposta, quizais pro usuario doméstico non son importantes, pero si que son cousas a ter en conta no entorno profesional. Iso si, non collamos unha distribución rapida e eficaz na resolución de vulnerabilidades e logo os administradores tarden máis do debido en resolvelas.

 

Así que unha combinación correcta entre distribución/administrador é realmente o que fai que unha distribución ou outra sexan acertadas.

 

Máis info en:

 

 

 

 

No votes yet