Drupal 6.1

Xa temos nova rama de Drupal, a versión 6.x

 

Conta con moitas novidades, entre eles, unha que me gusta moito que é a de ver as actualizacións dispoñibles dende a propia páxina do distintos compoñentes do noso sitio.

 actualizacions

 

A funcionalidade de notificación de actualizacións estaría ben que permitise a instalacción dende a propia páxina, sin ter que descargalo. Ten moitas implicacións esa instalación dende a páxina (modulos/temas modificados, etc), pero debería dar a opción.

 

 

A instalación é como segue:

 

1 - Fai unha copia de seguridade da base de datos e do sitio (especialmente aqueles ficheiros/directorios engadidos ou modificados)

2 - Logueate como usuario administrador (id 1)

3 - Drupal recomenda que deshabilites tódolos módulos metidos a maiores.

4 - Borra os arquivos da versión anterior de drupal (no paso 1 fixeches unha copia de seguridade)

5 - Configura o acceso á base de datos en sites/default/settings.php.

5- Ir a http://www.onosositio.com/update.php e actualizar!

 

Se queremos ver tódalas novidades, é recomendable este sitio

 

 

No votes yet