Dell con Ubuntu en españa

So o titulo parece fabuloso, xa podemos comprar un portatil sen ter que mercalo cunha licencia de Windows, fenomenal.  Dispuxenme a ir á tenda de Dell a configuralo e encargalo. As miñas pretensións eran coller un XPS de 13", e o modelo M1330 estaba dispoñible con Ubuntu.

 

 

Todo cheo de ledicia púxenme a configuralo e quedou tal que así:

 

- Intel® Core™ 2 Duo Processor T7500 (2.20 GHz, 800 MHz FSB, 4 MB L2-cache)

-  Sin asistencia Ubuntu

- Rojo carmesí y cámara de 0,3 megapíxeles para pantalla de LED blanco

- Pantalla LED blanca (300 nits) WXGA (1280 x 800) de 13,3" UltraSharp™ con TrueLife™

-Sin lector biométrico de huellas dactilares

-SDRAM DDR2 de 4096 MB a 667 MHz de doble canal [2x2048]

-Unidad de disco duro SATA de 200 GB (7.200 rpm)

-nVidia® GeForce® 8400M GS de 128 MB

-Batería principal de ión de litio de 9 celdas (85 WHr)

-Módulo interno Bluetooth Dell™ TrueMobile 355 - Europeo

-Tarjeta mini Intel® Pro Wireless 3945 802.11a/b/g - Europas

 

Por 1477 Euros.

 

Na configuración chocaronme un par de cousas, e foi o feito de non poder meter o lector biométrico, así como non poder dispór de Wireless 802.11n. Como sabia que o mesmo modelo con Windows tiña eses compoñentes, extrañoume e funno configurar.

A configuración quedou como sigue:

 

Intel® Core™ 2 Duo T7500 (2,20 GHz, 800 MHz FSB, caché nivel 2 4 MB

Windows Vista® Home Premium original (32 bits) - Español

Rojo carmesí y cámara de 0,3 megapíxeles para pantalla de LED blanco

Pantalla LED blanca (300 nits) WXGA (1280 x 800) de 13,3" UltraSharp™ con TrueLife™

Lector biométrico de huellas dactilares

SDRAM DDR2 de 4096 MB a 667 MHz de doble canal [2x2048]

Unidad de disco duro SATA de 200 GB (7.200 rpm)

NVidia® GeForce® 8400M GS de 128 MB

Batería principal de ión de litio de 9 celdas (85 WHr)

Dell™ Wireless 355 Bluetooth + Auriculares estéreo Bluetooth 2.0 Dell™

Tarjeta mini Intel® Next-Gen Wireless-N - Europa - Core 2 Duo Processors

 

Por 1329 Euros

 

¿Como? A diferencia entre o portatil con Ubuntu e o de Windows é:

- No de Linux non me meten lector biométrico

- No de Linux non podo contar cunha wireless de última xeración.

- E adeamais no de Linux pago 138 Euros máis

 

Hai algo que non cuadra, aforro en licencia e teño que pagar máis e sen poder ter os mesmos compoñentes¿?.

 

Dell presenta a venda de portatiles con Linux dicinco que escoitou a petición dos usuarios. A noticia da venda en España de Ubuntu nos portatiles Dell empezaba ben, pero tras ver as condiccións nas que se vende resulta dificil decantarse.

 

É extraño que aforrando os costes de licencia, etc, se teña que pagar máis.

Sobre todo con noticias como esta : Tribunal francés condena a Acer a devolver el coste del software incorporado en un portátil nuevo nas que indica que un tribunal Frances obliga a Acer a pagar 300 Euros como devolución das licencias non usadas polo cliente. Como todo e como sempre, hai moitos intereses que fan que iniciativas como as de vender Linux cos portatiles non se fagan de forma que permita unha compra totalmente imparcial. É unha pena, pero o xogo é asi.

 

 

Your rating: Ninguno Average: 4.7 (3 votes)