Repositorios oficiais de Google

Google proporciona un repositorio oficial pra instalar en linux as aplicacións de Google Picasa e Google Desktop



Tal como contan na páxina de google, este repositorio é valido para

* Ubuntu 7.04 (Feisty)
* Debian GNU/Linux 4.0
* openSUSE 10.2
* Mandriva 2007 Spring

E é válido pra usar coas seguintes ferramentas de comandos, sen contar as ferramentas gráficas que veñen coas distribucións:

* APT (Debian, Ubuntu, etc.)
* YUM (Fedora)
* urpmi (Mandriva)
* YaST2 (SUSE)
* RPM (Red Hat)

No caso de Debian, so temos que realizar dous pasos:

1 - Configurar apt

Engadir en /etc/apt/sources.list a seguinte liña

#deb http://dl.google.com/linux/deb/ stable non-free

Executar dende consola a seguinte liña:

#wget -q -O - http://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub | apt-key add -

Con isto dicimoslle a apt que a URL que acabamos de engadir é un sitio confiable.

Actualizar apt:

#apt-get update

2 - Instalar paquetes:

#apt-get install picasa google-desktop-linux

E agora teremos as dúas aplicacións de google instaladas.

Pra máis información Google proporciona unha páxina de información pra Debian 4.0:

http://www.google.com/linuxrepositories/debian40.html

E a páxina oficial:

http://www.google.com/linuxrepositories/index.html

Your rating: Ninguno Average: 4 (1 vote)