Ipod nano

Co novo coche, un Toyota Auris ,veu conexión pra Ipod, así que tocou mercar un.


Como puntos fortes, o IPod conta con:

- Diseño característico.
- Interfaz moi intuitivo, pois cos controles, de forma sinxela podo executar todalas funcións que necesito, rapido e sinxelo.
- Gustame o de puntuar as cancións, con estrelas en función de se me gusta mais ou menos.
- Podo ver fotos, así como podcast, ademáis de escoitar mp3.
- Podo usalo como un disco USB, pero non se mezcla coas cancións que se reproduce, é como ter dúas particións que se redimensionan de forma dinámica.
- A bateria dura 12 horas.

Como puntos negativos:

- So se pode usar con Itunes, é unha aplicación fabulosa, pero e necesaria tela instalada onde queramos empregalo.

- Non veu con cargador, cárgase co cable USB. O primeiro día que hai que cargalo, tiven que ter un ordenador novo de 1800 euros encendido so pra cargalo.

- Ver as fotos está ben, pero é moi pequena a pantalla, no novo Ipod Nano corrixen iso

- Non podo descargar as cancions noutra máquina, é dicir, o que sincronizo no portatil non podo copialo noutro ordenador. Ademáis, so podo sincronizar contra un único ordenador, si teño dous ordenadores con distinta música, sincronizar nun significa borrar as cousas do outro.

- Compatibilidade con Linux: Amarok ten funcionalidade pra poder sincronizar, pero como Itunes graba á sua maneira, nunha especie de base de datos, cos cambios de version desa base de datos, a veces Amarok graba mal, por exemplo, no meu caso, hai cancións que graba mal e fai que se reinicie o Ipod

Vantaxes de usalo en Linux:

- Co amarok podemos copiar as cancións que están incluidas dentro del, a diferencia de Itunes.

- En windows separa os ficheiros que se graban como si fose unha memoria USB do que se graba co Itunes, en Linux non hai tal diferencia.

No votes yet

Sobre o famoso ipod

Cada vez é mais común que as marcas de coches conten cun sistema de sonido que teña soporte para iPod, o cal te obliga, como non a mercar un destes caros aparatiños para simplemente empregalo como almacenamento masivo de cancións. Eu vería mais práctico que os equipos viñesen de serie con un lector de tarxetas SD, por exemplo, que, salvo a capacidade de funcionar de xeito autónomo como reproductor multimedia, permitiria levar facilmente a musica o radiocasete dende calqueira ordenador. Hoxe en día é común dispoñer dun lector de tarxetas multiformato en todolos pc's.
Bueno. saudiños a o autor de este blog e a todolos lectores

Alice