Módulo webalizer para drupal


Dende que uso drupal, sempre botei de menos poder mostrar as estatísticas que crea webalizer sobre os logs de apache.

Un exemplo son as miñas estatísticas.

Xa que non atopei ningún, e como quería aprender a facer un modulo, fixen un que se encarga de conectarse ós ficheiros xerados por webalizer, e extrae deles un resumo das visitas dos ultimos 12 meses e do ultimo mes.

O modulo está funcionando como un bloque na barra dereita.

A idea é moi simple, unha vez activado o modulo, imos á súa configuración e alí cubrimos:

- A URL de onde está webalizer (por exemplo no meu caso: www.diazdelaiglesia.com/webalizer)
- Cal é o ficheiro que garda o historial de webalizer, é raro que sexa distinto. (No meu caso é webalizer.hist)
- Usuario e contrasinal si para ver as estatísticas necesitamos.
- Texto que queremos que apareza no bloque. Podemos poñer código html.
- Valor das visitas dos ultimos 12 meses. Si esta posto a "yes" a opción de actualizar, este valor iráse actualizando.
- Valor das visitas do ultimo mes. Si esta posto a "yes" a opción de actualizar, este valor iráse actualizando.
- Actualización periódica, si está posto a yes, cando se execute o cron de drupal, actualizará as visitas. Si non, o bloque mostrará o valor metido nos valores anteriormente descritos.

É un módulo moi sinxelo, pero serve para ver como funciona php e drupal. E a min resolveme unha necesidade que tiña. Así que todos contentos!

A ruta ó proxecto na web oficial de drupal é esta: http://drupal.org/project/webalizer

No votes yet