Se encuentra usted aquí
Subversion sobre apache2
Enviado por daniel en 29 Octubre, 2006 - 10:23am
Subversión é un sistema de control de versións, ó igual que cvs, pero que ten unha serie de vantaxes respecto a cvs e a tendencia é reemplazalo.
Os sistemas de control de versións son ampliamente utilizados por equipos de desenrolo, para poder traballar de forma deslocalizada e ter o codigo, documentación, centralizado e controlando os cambios con revisións.
AsÃ, un programador, pode descargarse mediante subversion o ultimo codigo fonte, facer correccións no codigo, e subilas ó respositorio.
O seguinte programador, descargaráse do repositorio o codigo con esas correccións.
Se por algún motivo, esas correccións non son validas, poderáse dar marcha atrás e volver á versión sen eses cambios.
Para evitar ter que volver a recordar como configurar subversion, asà como os clientes que estiven buscando fixen un documento que o explica todo. Asà , dentro duns meses, se me volve tocar facer algo con subversion, o teño fresco, non na miña memoria, pero si neste documento.
Sempre ocorre, que cando investigas algo a primeira vez, buscas por internet, atopas cousas interensantes, pero logo, pasa o tempo o non te lembras de como atoparas iso nin de como se chamaba.
O documento de configuración:
subversion_apache2_sarge_v0.2.pdf
Ademáis, fixen un par de scripts pra facer backups dos repositorios, pois pareceme bastante importante facer copia dos diferentes proxectos albergados en cada repositorio. Como o tiña que montar en varias máquinas, ó final fixen un paquete para Sarge que me permitirá instalalo de forma sinxela.
O paquete:
subversion-backup_0.0.7_i386.deb
General:
- Inicie sesión para comentar
- 0 comentarios
