Instalando Google Earth
Tal como se conta na web de google earth, este programa permite explorar calquera lugar do noso planeta, mediante imaxes de satélite e datos locais.
Ata hai pouco non o tiñamos dispoñible pra Linux, pero agora si.
Instalación
Temos que ir á páxina de
Unha vez alí, seleccionamos descarga para Linux, eu baixeino ó escritorio.
Abrimos unha consola, e como usuario, poño xhost + para permitir que root poda abrir fiestras no entorno gráfico. Logo con xhost - volveremos a deixalo como estaba:
obelix$ xhost +
Convertome a root:
obelix$su
obelix#
movo a /opt o executable:
obelix#mv /home/usuarios/dan/Desktop/GoogleEarthLinux.bin /opt/
Dinlle permisos de execución:
chmod u+x /opt/GoogleEarthLinux.bin
Despois posicioneime en /opt e executei o programa:
cd /opt/
./GoogleEarthLinux.bin
Arrancará unha fiestra de instalación.
Por defecto quere instalalo en /usr/local/Google-Earth e o binario en /usr/local/bin, pero cambieino para instalalo en /opt/Google-Earth e desmarquei copiar o binario a outro sitio.
Todo software adicional que instalo o poño en /opt, non quero que se instalé nada en /usr sin ser a través de apt.



$ apt-cache search googleearth
googleearth-package - utility to automatically build a Debian package of Google Earth
:)
Deste xeito, terás googleearth integrado completamente co sistema de paquetes de debian...
En Etch, ese paquete existe, pero en Sarge non.
Moitas gracias