Fortunes
O fortune é un programa que ó ser executado, amosa unha frase, un texto, un refrán. aleatorio. Tamén é moi sinxelo configurarlo como firma de correo. Incluso tamén podemos poñelo como salvapantalla.
Por outro lado se as frases que aparecen non son do noso gusto, podemos conseguir outras máis axeitadas en internet ou incluso podemos facer unha pequena base de datos cas nosas propias frases. Tamén temos a opción de seleccionar un tipo de frases, por ejemplo frases que teñan que ver únicamente coa ciencia, con informatica,...
Instalación:
- Instalar o paquete fortunes: apt-get install fortunes fortunes-es
Configurar Kmail:
- Unha vez instalado vamos a configurar o noso xestor de correo. Para elo imos a preferencias---->configurar kmail
Alí na pestana de contas temos que ir a opción modificar .
Na pestaña firma, temos que seguir os seguintes pasos :
- Habilitala firma
- Obter texto da firma : salida de comando
- Especificar comando: fortunes
- Finalmente aceptamos e xa está listo. Cando mandemos un correo xa o teremos firmado.
Nunha consola:
Unha segunda opción é ter frases, cada vez que executemos
unha consola.
Para elo temos que abrir unha cosola e editar o ficheiro .bashrc:
Executamos
jed .bashrc e imos ó final do ficheiro e poñemos: /usr/games/fortunes leydemurphy.fortunes sabiduria.fortunes informatica.fortunes ciencia.fortunes
Configurar o salvapantallas:
Outra das opcións que temos e de configurar o fortune como
salvapantalla.
- Imos a configurar escritorio co botón dereito do rato.
- Dende aquí accedemos á pestana do Salvapantalla.
Xa dentro eleximos a opción de “Anuncios gráficos” e eleximos “Fósforo”
Agora só temos que poñer o texto “/user/games/fortune”. Aceptamos e listo!.


