Se encuentra usted aquí

Galinux2000: Chown -> Cambiando o propietario dun ficheiro

A orde chown ten como obxectivo cambiar o usuario e grupo propietarios de ficheiros.É dicir, podemos ceder a propiedade do arquivo a un usuario concreto.Debes ter en conta que se lle das a propiedade dese arquivo a outro usuario, xa non será teu e se queres volver a ser o seu dono deberás pedirlle ó devandito usuario que cho ceda a ti. Asi que pensa ben a que usuario lle regalas o arquivo e que arquivo é o que regalas...Como é obvio, so podes ceder a propiedade daqueles ficheiros que sexan da túa propiedade, se non estabamos apañados...

 

O formato da orde chown é como sigue:

chown [opcións] usuario[ :: grupo] ficheiro

Funcionamento:

  • Se soamente pos o nome de usuari (ou o seu número de indentificación), éste pasa a ser o propietario do arquivo, pero o grupo ó que pertence non cambia.
  • Se pos nomeusuario::nomegrupo (ou UID::GID) entón cambiase tamén o grupo ó cal pertence.

Consideraccións:

  • A versión GNU permite usar un punto no canto de dous ":",tal como fai BSD, tal como podes ler nas man de linux, isto non foi permitido por POSIX pois o punto é un carácter válido nun nome de usuario.
  • SI poñemos nomeusuario:: sen por ningun nome de grupo, tomase que queremos que se cambie o grupo ó que pertence o arquivo polo primario do novo usuario do arquivo.
  • Si poñemos ::nomegrupo entón soamente cambiamos o grupo do ficheiro sen cambiar o usurario

Opcións

-R Realiza o cambio de propietario dos directorios e o seu contido de forma recursiva
-c Mostra unha mensaxe onde menciona soamente aqueles ficheiros que cambian realmente de propietario
-f Non mostra as mensaxes de erro sobre ficheiros que non poden cambiar de propietario
-h Actúa sobre enlaces símbolicos no canto do que apuntan os enlaces.

 

Imos ver un exemplo do uso de chown

"Queremos cederlle o arquivo documento.htm ó propietario usuario001"

Escribimos na consola de texto:

  1. Vemos a quen pertence o arquivo antes da cesión : $ ls -l documento.htm o cal da como resultado : -rw-rw-rw-- 1 usuario002 grupo001 23 Oct 18 12:51 documento.htm
  2. $ chown usuario001 documento.htm
  3. Despois da cesión comprobamos a cesión : $ ls -l documento.htm o cal da como resultado : -rw-rw-rw-- 1 usuario001 grupo001 23 Oct 18 12:51 documento.htm
General: