splashimages en grub, un fondo bonito

grub, o novo xestor de arranque que ven por defecto no lugar do querido lilo, ten infinidade de opcións, entre elas, a de poñer un fondo.

Podemos optar a usar un dos que veñen no paquete grub-splashimages:

apt-get install grub-splashimages

Na carpeta /boot/grub/splashimages veremos os fondos que veñen:

obelix:/boot/grub/splashimages# ls
bike_gua.xpm.gz biosplash.xpm.gz CRW_7206_14.xpm.gz debsplash.xpm.gz fiesta.xpm.gz gentleblue.xpm.gz guitar.xpm.gz

Para poñer un fondo deses, editamos o arquivo /boot/grub/menu.lst e poñemos:

splashimage=(hd0,0)/boot/grub/splashimages/guitar.xpm.gz

Grabamos, e non temos máis que reiniciar pra comprobar os cambios.

Tamén podemos optar por poñer outros fondos. Nesta web podemos atopar fondos xa feitos.

Asi que escollemos a imaxe que queremos, grabamos a imaxe en /boot/grub/splashimages/ e cambiamos o ficheiro menu.lst polo nome que ten que ser.

Eu poñome na foto que quero, e co boton dereito doulle a "copy image location", logo, en consola e como root, vou a /boot/grub/splashimages e graboa con wget.

#cd /boot/grub/splashimages
#wget http://ruslug.rutgers.edu/~mcgrof/grub-images/images/working-splashimage...

Logo edito menu.lst
#jed /boot/grub/menu.lst

E listo!

Powered by Drupal, an open source content management system

Inicio de sesión

CAPTCHA
Esta cuestión es para comprobar que eres una persona y no un programa de Spam
10 + 1 =
Solve this simple math problem and enter the result. E.g. for 1+3, enter 4.

En línea

En este momento hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.

Tira Ecol

Distribuir

Distribuir contenido
/