kdebluetooth en Debian Sarge - Conectándonos ó noso móbil
Si queremos conectar o noso móbil ó ordenador mediante bluetooth existe un programa pra KDE chamado kdebluetooth, con este programa poderemos transferir arquivos a/desde ó telefono móbil.
Os pasos son poucos:
1 - Instalar aplicacions necesarias para soportar bluetooapt-get install bluez-utils bluez-pin libsdp2
th:
#apt-get install bluez-utils bluez-pin libsdp2
2- Obter o paquete, podemos baixar a versión para SID de http://fred.hexbox.de/debian e logo instalala:
#dpkg -i kdebluetooth_1.0_beta1-1_i386.deb
Si hai algun problema de dependencias, non temos máis que facer un apt-get -f install pra resolvelas.
Unha vez feito isto, na K -> Internet -> Bluetooth Server poderemos arrancar a aplicación.
Pode dar unha mensaxe de erro, dicindo que non é capaz de activar encriptación, esto so nolo dirá si temos un kernel inferior ó 2.6.10. De todolos xeitos, funcionará igualmente.


