Cómo optimizar a actualización de Debian con varios equipos usando apt-proxy
Si temos na nosa rede local varios ordenadores con Linux e temos que actualizar e baixar de internet os mesmos paquetes para cada un, unha boa solución é usuar apt-proxy.
A filosofía é a seguinte. Instalamos nunha máquina apt-proxy, e configuramos as fontes de apt para que apunten a esa máquina, asi, cada vez que actualicemos ou instalemos un novo paquete, este será baixado a esa máquina e o instalaremos . As seguintes máquinas que usen o mesmo paquete, xa non se conectarán a internet se non a ese repositorio local.
Configuracion máquina cliente
---------------------------------
Temos que editar as fontes de apt:
ideafix#jed /etc/apt/sources.list
Ali teremos unhas entradas como estas:
#deb cdrom:[Debian GNU/Linux 3.1 r0a _Sarge_ - Official i386 Binary-1 (20050607)]/ unstable contrib main
deb http://ftp.fi.debian.org/debian/ sarge main contrib non-free
deb-src http://ftp.fi.debian.org/debian/ sarge main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ sarge/updates main contrib non-free
E teremos que cambiar a ruta do servidor pola máquina da nosa rede que agora ten instalado apt-proxy, por exemplo 192.168.2.2.
Por exemplo, si encontramos o servidor de debian ftp.XX.debian.org deberemos cambialo por 192.168.2.2:9999
Si encontramos security.debian.org/ deberemos cambialo por 192.168.2.2:9999/security
deberá quedar algo asi:
#deb cdrom:[Debian GNU/Linux 3.1 r0a _Sarge_ - Official i386 Binary-1 (20050607)]/ unstable contrib main
deb http://192.168.2.2:9999/debian/ sarge main contrib non-free
deb-src http://192.168.2.2:9999/debian/ sarge main contrib non-free
deb http://192.168.2.2:9999/security sarge/updates main contrib non-free
Grabamos, facemos un apt-get update para actualizar e listo!!!
Na máquina servidor
------------------------------------------
Instalamos apt-proxy:
asterix#apt-get install apt-proxy
E listo, temos que ter en conta que os programas baixados almacenaránse en /var/cache/apt-proxy, asi que esa carpeta debe ter suficiente espacio.


