Skype é un producto bastante coñecido para realizar chamadas VoIP, sendo gratis entre dispositivos que teñan insalado skype, e con custos moi baratos ó chamar a telefonos tradiccionais.
As tarifas son bastante baratas, podendo chamar a Mexico, por exemplo, por 2 centimos minuto.
Temos que descargalo da zona de descargas de skype e ali, eleximos a nosa plataforma, no noso caso Linux e Debian. Imos a pulsar co boton dereito no enlace a descargar para debian, e daremoslle a copiar a direccción do enlace.
Logo, abrimos unha consola, conectamonos como root e posicionamonos en /opt/instalar. Esta é unha carpeta que eu sempre uso para descargar os programas a instalar e dende ali proceder a súa instalación. Baixaremos o programa con wget, asi que poremos wget -c e pegaremos o enlace que copiamos antes, terá que ser algo asi como o seguinte:
Asi que:
obelix$su
obelix#cd /opt/instalar
obelix:/opt/instalar#wget -c http://www.skype.com/go/getsky
Podemos comprobar que o descargou listando os arquivos que hai na carpeta, por exemplo:
obelix:/opt/instalar# ls
NVIDIA-Linux-x86-1.0-7676-pkg
obelix:/opt/instalar#
Como podemos ver, a parte dos drivers de NVIDIA, teño o skype baixado, asi que instalamos:
obelix#dpkg -i skype-1.4.0.74.deb
(pode ser que a versión cambie, asi que comproba que esa e a tua versión)
Había xa moito tempo que non actualizaban de versión, pero dende o 14 de Xuño temos a versión 1.4 pra Linux. A ver cando temos a versión 2.0 ou 3.0 con soporte de WebCam.
Si da un erro tal que:
Desempaquetando skype (de skype-1.4.0.74.deb) ...
dpkg: problemas de dependencias impiden la configuración de skype:
skype depende de libqt4-core (>= 4.2.1); sin embargo:
El paquete `libqt4-core' no está instalado.
skype depende de libqt4-gui (>= 4.2.1); sin embargo:
El paquete `libqt4-gui' no está instalado.
dpkg: error al procesar skype (--install):
problemas de dependencias - se deja sin configurar
Se encontraron errores al procesar:
skype
Teremos que executar:
#apt-get -f install
e instalaránse tódalas dependencias
E listo!!
Xa temos skype, non temos máis que arrancalo como usuario normal e configurar unha nova conta!!!

