Sorprendentemente, pouco despois de que saise a versión Beta de Firefox 3.5, Mozilla liberou a versión estable de Firefox, a 3.5.

De entre as novidades, tal como conta nas releases-notes:
- Implementación dos elementos <video> y <audio> de HTML 5, incluindo audio codificado en Vorbis e vídeo codificado en Ogg Theora de forma nativa (podes ver aqui un exemplo)
- Ferramientas melloradas para controlar os datos privados, incluíndo un modo privado de navegación.
- Mellor rendemento en aplicacións web usando o novo motor de JavaScript TraceMonkey.
- Capacidade de compartir a posición física con sitios web usando navegación basada en ubicación (¡Probao aquí!)
- Implementación de JSON nativo, e múltiples fíos de ejecución web (web worker threads).
- Melloras ó motor de representación Gecko, incluindo interpretación especulativa para una representación do contenido máis rápida.
- Implementación de novas tecnoloxías web tales como: tipografías descargables, consultas de medios CSS, novas transformacións e propiedades, selectores de consutas JavaScript, almacenamento local de HTML5 de aplicacións en modo sen conexión, texto <canvas>, perfís ICC, e transformacións SVG.
Para descargalo, non hai máis que ir a páxina de mozilla
No meu caso, nun ramalazo de frikismo, ó dispor de Debian 64 bits, deuseme por querer compilalo para 64 bits, pois na web so facilitan a versión de 32.
Para iso seguin os seguintes pasos:
- Instalei todolos paquetes necesarios pra compilar:
apt-get install build-essential locales autoconf automake less libdbus-glib-1-dev libasound2-dev libidl-dev libiw-dev libx11-dev libxt-dev
aptitude build-dep iceweasel
- Descarguei do servidor ftp de mozilla as fontes de Mozilla 3.5
- No directorio que aparece trala descarga e posterior descompresión (mozilla-1.9.1) entrei e executei:
./configure --enable-application=browser && make -j 4
- Unha vez rematado, dentro de dist/bin atopase o executable "firefox" compilado en 64 bits
Como curiosidade, no canto de chamarse Firefox, chamase "Shiretoko"
Se xa estas usando Firefox 3.5 deberías poder ver un video debaixo destas liñas:


